Select Page

Tendas ARROUPA

Recicla, reutiliza e inserta mercando nas nosas tendas.

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

Centos de persoas atópanse en risco ou situación de exclusión social e sen recursos económicos no noso entorno: mulleres vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais, ex-reclusos, parados de longa duración, inmigrantes, minorías étnicas, xente con discapacidades físicas ou psíquicas… Todas elas con grandes dificultades para levar unha vida digna e conseguir un posto de traballo na nosa sociedade.

Nos seus máis de cincuenta anos de vida, a razón de ser de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela foi atender ás persoas máis necesitadas. Para responder ás demandas sociais, técnicas e medioambientais que reclama a sociedade actual, aposta pola promoción da economía social impulsando empresas de inserción laboral. Nace así ARROUPA.

FUNDACIÓN CADISAN

Recoñecida pola Xunta como Fundación de Interese Galego, nace en 2015 ó abeiro de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Entre as súas funcións destaca a de promover empresas de inserción laboral como ferramenta de inclusión e loita contra a exclusión social.

ARROUPA

Empresa de Inserción Laboral en materia de reutilización téxtil. Nace no ano 2015 e ofrece servizos de recollida de téxtil e complementos, clasificación e venda ó público en tendas propias. Actualmente conta con catro tendas, ubicadas en Santiago, A Coruña, Arteixo, Pontevedra e Carballo.

Queres colaborar con ARROUPA?

Tanto se es un particular, unha empresa ou unha administración, podes achegar o teu graniño de area para construír unha sociedade máis igualitaria, na que todas as persoas teñan a oportunidade de desenvolver ao máximo as súas capacidades e talentos.

 

ARROUPA

PERSOAS

%

RESPECTO MEDIOAMBIENTAL

Persoas acompañadas a través do itinerario laboral

Resumo de privacidade

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.