SUBVENCIONADA POR:

Que é ARROUPA?

ARROUPA é unha empresa de inserción laboral en materia de reutilización de téxtil. A cualificación de Empresa de Inserción Laboral foinos outorgada pola Secretaría Xeral da Xunta de Galicia en novembro de 2015, tendo asignado o número de rexistro 66/019/2015/EIL.

Actualmente no cadro de persoal mantemos un cómputo anual do 83% de persoas contratadas seguindo un itinerario de inserción socio-laboral. Contamos con 218 colectores e temos catro puntos de venda abertos ó público, se ben temos previsto seguir incrementando as nosas instalacións.

Cualificacións

Ademais da cualificación de Empresa de Inserción Laboral, ARROUPA tamén é un xestor de valorización de residuos autorizado pola Consellería de Medio Ambiente, figurando no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia co número SC-I-NP-XV-00290.

Dende o ano 2018 cumprimos cos requisitos da Norma UNE – EN – ISO 14001:2015 do Sistema de Xestión Ambiental e cos requisitos da Norma UNE – EN – ISO 9001:2015 do Sistema de Xestión de Calidade nos ámbitos de recollida, clasificación e valorización de roupa usada para a súa posterior comercialización.

En 2021 recibimos o indicador ARDÁN de Empresa Ben Xestionada 2021 por cumprir os criterios de crecemento dos ingresos, rendibilidade, produtividade e liquidez.

En 2022 obtivemos o indicador ARDÁN de Empresa Circular 2022 pola cooperación e conciencia circular, os sistemas de loxística inversa e a circularidade dos provedores, entre outros motivos.

AXUDA A SOSTER O PLANETA E CREA NOVOS HÁBITOS DE CONSUMO

Reutiliza con ARROUPA

No mundo prodúcense 80.000 millóns de pezas de roupa ao ano, e cada persoa tira un promedio de 7 kg delas que se converten en residuos. En ARROUPA propoñemos unha solución idónea para darlle unha volta a esas cifras, e facémolo guiándonos por Greenpeace e a súa “regra das 3R”: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Calquera persoa pode depositar prendas de vestir e complementos na nosa rede de colectores e roupeiros parroquiais de Cáritas, localizados ó longo do territorio da Diócese de Santiago de Compostela, para que teñan unha segunda vida útil.

Transportamos as doazóns dos colectores á nave de clasificado, onde realizamos traballos de valorización para reutilizalas.

Aquelas prendas de vestir e complementos doados que se atopen en perfecto estado pasarán por un proceso de hixienización exhaustivo que as deixará a punto para seren vendidas en calquera das tendas de roupa de segunda man e restos de stock de que dispoñemos.

Actualmente, en ARROUPA contamos con tendas en Pontevedra, Santiago, A Coruña e Arteixo.

Nelas, ademais de facer venda ó público, tamén atendemos vales de entrega social ca finalidade de dignificar as entregas de roupa a aquelas persoas que máis o precisan.

A pranta de clasificación

Queres colaborar con ARROUPA?

Tanto se es particular, empresa, Administración… podes doar a túa roupa, comprar roupa de segunda man, cedernos un espazo para colocar un colector, falar de ARROUPA ás túas persoas coñecidas… e se tes outra idea… Contáctanos! 

TENDAS ARROUPA

Nas nosas tendas atoparás roupa e calzado de mulller, home, nena e neno.

HORARIO: 

De luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 16 a 20 h. Sábados de 10 a 14 h.

ARROUPA:

ROUPA PARA TODOS OS PETOS

Catro tendas de roupa de segunda man e restos de stock

SANTIAGO

Casas Reais, 6

 

PONTEVEDRA

Eduardo Pondal, 22

HORARIO: 

De luns a venres de 10:30 a 13:30 e de de 16 a 20. Sábados de 10 a 14.

Busca o colector ARROUPA máis próximo

PREGUNTAS FRECUENTES:

Que medidas de hixiene aplicades ás prendas?

 

En ARROUPA hixienizamos con ozono todas as nosas prendas antes de poñelas á venda.

Ademais, vimos de implementar novas medidas de seguridad erelacionadas co covid-19 complementarias ás esixidas polo goberno.

Onde están as tendas ARROUPA?

Que horario teñen as tendas ARROUPA?

 

As nosas catro tendas teñen o mesmo horario.

Horario de inverno: de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30. Os sábados de 10 a 14.

Horario de verán: de luns a vienrs de 10:30 a 13:30 e de 17 a 21. Os sábados de 10 a 14.

Facemos o cambio de horario coincidindo co cambio de hora oficial.

Canto custa a vosa roupa?

 

O prezo das prendas é moi variable en función do estado, a calidade, etc. Temos prendas desde 0,20 € e o prezo medio das unidades é de 4,6€. Hai prendas que por ser a estrear e con etiquetas orixinais, pola súa calidade e marca, poden alcanzar prezos superiores, pero son sempre prezos moi competitivos con respecto á súa adquisición noutro tipo de establecementos.

Vendedes online, por Facebook ou Instagram?

 

Só facemos venda directa nas tendas físicas que temos en Santiago, A Coruña, Pontevedra e Arteixo.

Enviades as prendas a domicilio?

 

As prendas só se poden adquirir nas tendas físicas que temos en Santiago, A Coruña, Arteixo e Pontevedra.

Recolledes roupa nas tendas ARROUPA?

 

Nas tendas só facemos venda por non dispor de espazo e tamén pola implementación de estrictas medidas de hixiene e desinfección.

Para doar roupa pódeste dirixir ao colector ARROUPA máis próximo.

Mercades roupa nas tendas ARROUPA?

 

Non. Nas tendas ARROUPA só facemos venda de roupa. ARROUPA é un proxecto sen ánimo de lucro que se nutre das doazóns de particulares e restos de stock de tendas para lograr o seu obxectivo social.

Podo traballar con ARROUPA?

 

ARROUPA é unha Empresa de Inserción Laboral e, en consecuencia, os requisitos que debe cumplir unha persoa para poder incorporarse cun intinerario de inserción sociolaboral están lexislados por decreto lei. Pódesnos enviaro o teu currículum actualizado a info@arroupa.es aínda que é importante ter en conta estes requisitos legais aos que a empresa está suxeita.

De todas maneiras, tamén te animamos a que te achegues á túa Cáritas parroquial máis próxima, porque alí tamén te poderán informar.

Como podo colaborar con ARROUPA?

 

Grazas por querer colaborar con nós! Tanto se es particular, entidade ou Administración, podes colaborar coa empresa de diferentes maneiras. Animámoste a que contactes con ARROUPA porque toda a aXuda conta.

O colector de Cáritas está cheo, como vos aviso?

 

Podes enviarnos un Whatsapp ao 981 93 50 80, indicándonos o número de colector que figura ao carón da trampilla para meter a roupa, e a localidade desde a que nos escribes, así poderemos achegarnos a vacialo o antes posible. Se o prefires, tamén podes chamarnos ao 981 93 50 80.

Queres colaborar con nós?

Si, dicídeme como!