Desde AHORTAS pensamos en ofrecervos uns packs cunha selección dos nosos mellores produtos de tempada, para que vaian directos da horta ás arterias.
Nas nosas hortas cultivamos distintos tipos de froitas e verduras, sempre apostando pola máxima calidade e o bo facer, para contribuír ao coidado do planeta sen deixar de lado a nosa dieta.
Creamos dous tipos de cestas en función da cantidade de produto incluído nas mesmas. Así temos cestas por importe de 5€ ou de 10€, garantindo que cada unha delas, como mínimo, inclúa catro tipos de produtos diferentes.
A lista de produtos incluídos nas cestas enviarase a través dun grupo de difusión de WhatsApp todos os venres. Unha vez recibida a oferta, só tes que contestar a esa mensaxe informando de se estás interesado/a en recibir a cesta da semana seguinte e que importe de cesta é o que desexas mercar. As cestas prepararanse e serviranse os luns.
En breve comenzaremos a comercializar estas cestas, se queres máis información escríbenos por WhatsApp ou visita os venres a nosa páxina.