COA COLABORACIÓN DE:

COA COLABORACIÓN DE:

Que é AHORTAS?
AHORTAS é unha empresa de inserción laboral que ten como obxectivo a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social. Para iso, puxemos en marcha unhas fincas baixo o manexo da agricultura ecolóxica para formar a estas persoas nun ámbito laboral estratéxico como o é a agricultura en Galicia.
Ademais disto, buscamos promover un consumo xusto e responsable, apostando por canles curtas de comercialización e
partindo dos principios de economía social, que ten en conta ás persoas e ao medio ambiente, por riba doutros intereses.
A cualificación de Empresa de Inserción foinos outorgada pola Secretaría Xeral da Xunta de Galicia en xullo de 2019, e asignáronnos o número de rexistro 66/023/2019/EIL. Actualmente no cadro de persoal mantemos un cómputo anual do 80% de persoas contratadas seguindo un itinerario de inserción sociolaboral.
AHORTAS é unha empresa de inserción laboral que ten como obxectivo a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social. Para iso, puxemos en marcha unhas fincas baixo o manexo da agricultura ecolóxica para formar a estas persoas nun ámbito laboral estratéxico como o é a agricultura en Galicia.
Ademais disto, buscamos promover un consumo xusto e responsable, apostando por canles curtas de comercialización e partindo dos principios de economía social, que ten en conta ás persoas e ao medio ambiente, por riba doutros intereses.
A cualificación de Empresa de Inserción foinos outorgada pola Secretaría Xeral da Xunta de Galicia en xullo de 2019, e asignáronnos o número de rexistro 66/023/2019/EIL. Actualmente no cadro de persoal mantemos un cómputo anual do 80% de persoas contratadas seguindo un itinerario de inserción sociolaboral.
Cualificacións
Ademais da cualificación de Empresa de Inserción Laboral, AHORTAS tamén está inscrita co número de Rexistro de Operadores GA/03159/PV do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (ES-ECO-022-GA).
A maiores, a empresa tamén está inscrita co número 1505902375 no REAGA, Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e no SEVEDI, o Réxime de Venda Directa.

Compromiso social e medioambiental
As nosas instalacións ubícanse en Ordes (A Coruña), cunha extensión total de case 3 hectáreas adicadas á horticultura ecolóxica e ao cultivo de pequenos froitos. Producimos alimentos seguros e de calidade, dinamizando e dignificando a profesión agrícola fronte á explotación intensiva do campo e as agricultoras.
Actualmente contamos con instalacións de invernadoiros nas nosas fincas de Dunelas e Poulo, que dan traballo diario a catro persoas no noso programa de inserción. Comercializamos directamente a través do noso proxecto de cestas solidarias e abastecendo a pequenas tendas agroalimentarias do noso entorno próximo.
As nosas instalacións ubícanse en Ordes (A Coruña), cunha extensión total de case 3 hectáreas adicadas á horticultura ecolóxica e ao cultivo de pequenos froitos. Producimos alimentos seguros e de calidade, dinamizando e dignificando a profesión agrícola fronte á explotación intensiva do campo e as agricultoras.
Actualmente contamos con instalaciones de invernadoiros nas nosas fincas de Dunelas e Poulo, que dan traballo diario a catro persoas no noso programa de inserción. Comercializamos directamente a través do noso proxecto de cestas solidarias e abastecendo a pequenas tendas agroalimentarias do noso entorno próximo.
Cestas solidarias de AHORTAS
Os mellores produtos de tempada
A Cesta solidaria de AHORTAS é unha selección de produtos de horta tradicional galega, cultivados en ecolóxico directamente para a súa venda. As nosas cestas inclúen hortalizas e pequenos froitos de tempada sabrosos, sans e saudables.
Como funciona o noso sistema de cestas?
Creamos dous tipos de cestas en función da cantidade de produto incluído nas mesmas. Así temos cestas por importe de 5€ ou de 10€, garantindo que cada unha delas, como mínimo, inclúa catro produtos diferentes.
Os produtos incluídos nas cestas envíanse a través dun grupo de difusión de WhatsApp todos os venres. Unha vez recibida a oferta, só tes que contestar a esa mensaxe informando de se estás interesado/a en recibir a cesta a semana seguinte e de que importe é a cesta que queres mercar.
En Ordes, as cestas prepáranse e sérvense os luns. Podes recollelas de 16 a 17 horas no noso local da rúa Carnota s/n. En Santiago, as cestas prepáranse e sérvense os martes. Podes recollelas de 16 a 17 horas no noso local da Carreira do Conde 14 (Cáritas).
O noso obxectivo é crear un grupo de consumo de cestas solidarias estable polo que, para recibir as nosas ofertas pedímosche un compromiso mínimo de adquisición de dúas cestas ao mes. O obxectivo é que poidamos organizar cultivos no futuro que poidan
satisfacer as túas necesidades, incluíndo aqueles produtos que che resulten máis atractivos. Así, ademais de solicitar que che incluamos no noso grupo de difusión de WhatsApp (podes realizar esta solicitude a través da icona de WhatsApp que ves na páxina, a través da páxina de contacto da nosa web ou do email info@ahortas.es), agradecemos que nos fagas chegar observacións ou comentarios que nos permitan ofrecerche un servizo cada vez máis axustado ás túas necesidades.
O importe das cestas abonarase, como norma xeral, no momento de recollelas.
Por que facer as túas compras a través do sistema de Cestas solidarias?
Porque che permitirá consumir produtos de calidade e completos nutricionalmente por ser servidos na súa tempada.
Porque ao non existir intermediarios, os produtos que adquiras serán máis económicos, pero, ao mesmo tempo, garantes un prezo xusto para os produtos agrarios.
Porque serás parte da alternativa ao modelo agroalimentario mundial, que só xenera desigualdades, pobreza e contaminación.
Porque apoiarás as variedades locais e apostarás pola nosa horta tradicional.
Porque queres un sector agrario activo e con capacidade de xenerar emprego digno na nosa comarca.
Os mellores produtos de tempada
A Cesta solidaria de AHORTAS é unha selección de produtos de horta tradicional galega, cultivados en ecolóxico e cultivados directamente para a súa venda. As nosas cestas inclúen hortalizas e pequenos froitos de tempada sabrosos, sans e saudables.
Como funciona o noso sistema de cestas?
Creamos dous tipos de cestas en función da cantidade de produto incluído nas mesmas. Así temos cestas por importe de 5€ ou de 10€, garantindo que cada unha delas, como mínimo, inclúa catro produtos diferentes.
Os produtos incluídos nas cestas envíanse a través dun grupo de difusión de WhatsApp todos os venres. Unha vez recibida a oferta, só tes que contestar a esa mensaxe informando de se estás interesado/a en recibir a cesta a semana seguinte e que importe de cesta é o que desexas mercar.
En Ordes, as cestas prepáranse e sérvense os luns. Podes recollelas de 16 a 17 horas no noso local da rúa Carnota s/n. En Santiago, as cestas prepáranse e sérvense os martes. Podes recollelas de 16 a 17 horas no noso local da Carreira do Conde 14 (Cáritas).
O noso obxectivo é crear un grupo de consumo de cestas solidarias estable polo que, para recibir as nosas ofertas pedímosche un compromiso mínimo de adquisición de dúas cestas ao mes. O obxectivo é que poidamos organizar cultivos no futuro que poidan satisfacer as túas necesidades, incluíndo aqueles produtos que che resulten máis atractivos. Así, ademais de solicitar que che incluamos no noso grupo de difusión de WhatsApp (podes realizar esta solicitude a través da icona de WhatsApp que ves na páxina, a través da páxina de contacto da nosa web ou do email info@ahortas.es), agradecemos que nos fagas chegar observacións ou comentarios que nos permitan ofrecerche un servizo cada vez máis axustado ás túas necesidades.