Con motivo da apertura da nova tenda de Arroupa en Arteixo (A Coruña), o diario de maior difusión da nosa comunidade autónoma, La Voz de Galicia, publicou unha nova na que poe en relevo a importancia da colaboración e implicación social máis ca nunca en tempos de pandemia.
El Ideal Gallego, quixo destacar que “o local, que dará emprego a persoas con certificado de exclusión social, ten por obxectivo “dignificar” a entrega social de roupa, así como impulsar a reutilización no téxtil”.
Javier García Sánchez comenta no Diario de Arousa que “a nova tenda de Arroupa que se acaba de inaugurar en Arteixo, que fai o número catro das que existen na diócese, pon de relevo que esta iniciativa sen ánimo de lucro revela que dentro do téxtil de segunda man hai un campo para poder devolver á sociedade e á vida laboral a personas que se atopaban en situación de risco. Co espazo gañado no mercado de segunda man a empresa está clasificada como de interese xeral dentro do reciclado téxtil e que persigue a asistencia social, ofomento da economía social e a promoción e atención ás personas en risco de exclusión social”.
A cadea Cope sinalou o obxectivo de “favorecer a inserción laboral de persoas en exclusión social, que están detrás do mostrador”.