
COA COLABORACIÓN DE:


COA COLABORACIÓN DE:


Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela
Centos de persoas atópanse en risco ou situación de exclusión social e sen recursos económicos no noso entorno: mulleres vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais, ex-reclusos, parados de longa duración, inmigrantes, minorías étnicas, xente con discapacidades físicas ou psíquicas… Todas elas con grandes dificultades para levar unha vida digna e conseguir un posto de traballo na nosa sociedade.
Nos seus máis de cincuenta anos de vida, a razón de ser de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela foi atender ás personas máis necesitadas. Para responder ás demandas sociais, técnicas e medioambientais que reclama a sociedade actual, aposta pola promoción da economía social impulsando empresas de inserción laboral. Nacen así ARROUPA e AHORTAS.
FUNDACIÓN CADISAN
Recoñecida pola Xunta como Fundación de Interese Galego, nace en 2015 ó abeiro de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Entre as súas funcións destaca a de promover empresas de inserción laboral como ferramenta de inclusión e loita contra a exclusión social.
ARROUPA
Empresa de Inserción Laboral en materia de reutilización téxtil. Nace no ano 2015 e ofrece servizos de recollida de téxtil e complementos, clasificación e venda ó público en tendas propias. Actualmente conta con catro tendas, ubicadas en Santiago, A Coruña, Arteixo e Pontevedra.
AHORTAS
Empresa de Inserción Laboral en materia de produción hortofrutícola. Nace no ano 2019 e ofrece produtos de horta cultivados en ecolóxico que vende en cadea curta: a tendas locais e particulares que apostan por produtos de calidade cultivados na súa proximidade.
ARROUPA E AHORTAS:
Dous proxectos cos mesmos valores
Queres colaborar con ARROUPA e AHORTAS?
Tanto se es un particular, unha empresa ou unha administración, podes achegar o teu graniño de area para construír unha sociedade máis igualitaria, na que todas as personas teñan a oportunidade de desenvolver ao máximo as súas capacidades e talentos.
PERSOAS
%
RESPECTO MEDIOAMBIENTAL
EMPRESAS
O último no noso blog
Novo horario das tendas ARROUPA
Con motivo das novas restricións, temos un novo horario de 10 a 18h. As tendas da Coruña e Arteixo permanecerán pechadas temporalmente. Desculpade...
Encontro empresarial e networking para o fomento das empresas de inserción
Os próximos días 12 e 13 de novembro terán lugar dous encontros empresariais sobre empresas de inserción en Galicia. Será un espazo para o...
A prensa galega faise eco da apertura da nosa nova tenda de Arteixo
Con motivo da apertura da nova tenda de Arroupa en Arteixo (A Coruña), o diario de maior difusión da nosa comunidade autónoma, La Voz de...